Referencia
Guía Repsol
Cociñar o que traia a marea, milimetrar o punto de cocción dos peixes e programar a carta de mes en mes. Fernando Ríos e o seu irmán Domingo son a garantía de que a cociña galega non só son ” productazos” senón moito coñecemento. Nun espazo cómodo e familiar con vistas á ría de Muros e Noia, desfilan manxares como as zamburiñas en tres preparacións (con touciño entrefebrado e verduritas, con salsa de champagne e gratinadas); as luras da ría; peixes en caldeirada ou á brasa; ameixas en salsa… Atractiva carta de viños con máis de 250 referencias.